• A cantiga de Rodrigu’Eanes d’Alvares. Edição crítica 

      Ferreiro, Manuel (Cosmos, 1993)
      [Resumo]Edición crítica da interesante e suxestiva cantiga de amigo de Rodrigu’Eanes d’Alvares, único texto conservado deste trobador.
    • A expresión cantada da Nación: historia do Himno Galego 

      Ferreiro, Manuel (Fundación Bautista Alvarez de Estudos Nacionalistas, 2008)
      [Resumo] Percurso histórico-textual pola historia do himno galego, como fundamental sinal de manifestación identitaria da nación galega.
    • A forma "mais" na lírica profana galego-portuguesa: variación lingüística e estatus métrico 

      Ferreiro, Manuel (Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2016)
      [Resumo]: Neste artigo realízase o estudo formal e métrico de mais, procedente de MAGIS, que funciona como adverbio de cantidade e tamén como conxunción adversativa na lírica profana galego-portuguesa, o mesmo que na ...
    • A forma verbal éste na lírica profana galego-portuguesa 

      Ferreiro, Manuel (Universidade da Coruña, 2008)
      [Resumo] Neste artigo estúdase exhaustivamente a aparición e o uso de éste, forma concorrente con é, P3 do presente de indicativo de seer, na lírica profana galego-portuguesa. A través da revisión sistemática da súa ...
    • A investigación sobre Pondal e o achamento d’Os Eoas: memoria persoal dunha pesquisa 

      Ferreiro, Manuel (Grial, 2006)
      [Resumo]Narración do esgrevio e problemático proceso de pesquisa do problemático espolio do poeta Eduardo Pondal até o descubrimento da versión definitiva de “Os Eoas”, o grande poema épico en que o bardo traballara durante ...
    • A lingua pondaliana e a formación do estándar literario galego 

      Ferreiro, Manuel (Real Academia Galega, 1991)
      [Resumo]Estudo do contributo da lingua pondaliana á fixación da moderna lingua literaria galega, desde unha posición simultaneamente bergantiñá e de teor clásico, con múltiplas influencias do modelo expresivo camoniano.
    • A Virxe do Cristal: lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera, [de] Ramón Cabanillas 

      Ferreiro, Manuel; Sanmartín Rei, Goretti; Cabanillas, Ramón (Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor", 2002)
      [Resumo]Edición crítica do dactiloscrito inédito de Ramón Cabanillas que contén un libreto operístico baseado no poema “A Virxe do Cristal” de Curros Enríquez. A edición conta cunha ampla introdución de carácter lingüístico, ...
    • Amizade, conexión epistolar e redes socioliterarias: Rosalía, Pondal (e Murguía) 

      Ferreiro, Manuel (Fundación Rosalía de Castro, 2017)
      [Resumo] Neste artigo son analizadas as intensas relacións persoais entre tres figuras fundamentais do Rexurdimento: Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro. A través de testemuños documentais e de acontecementos ...
    • Apostilas ao texto da cantiga “Don Beeito, ome duro” [B 1464, V 1074] de Joan Airas de Santiago 

      Ferreiro, Manuel (Seminario de Estudios Medievales y Renacentistas, 2014)
      [Resumo]Neste artigo realízase unha nova edición da coñecida cantiga escarniña “Don Beeito, ome duro”, do trobador Joan Airas de Santiago, con importantes innovacións ecdóticas, firmemente asentadas na lectura fiel dos ...
    • Arredor da segmentación intraversal da copulativa e nas cantigas trobadorescas galego-portuguesas 

      Ferreiro, Manuel (Laiovento, 2019)
      [Resumo] A variada casuística en que intervén a conxunción copulativa e confirma a importancia da actuación editorial a respecto da segmentación en xeral, e tamén da segmentación da copulativa, que pode ser transcendente ...
    • As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário 

      Ferreiro, Manuel (Laiovento, 1992)
      [Resumo]Edición crítica do cancioneiro do trobador Rodrigu’Eanes de Vasconcelos, autor de seis importantes cantigas pertencentes aos dous xéneros amorosos das lírica profana galego-portuguesa. A edición inclúe unha ampla ...
    • Cantigas de Amigo. Antoloxía 

      Ferreiro, Manuel; Martínez Pereiro, Carlos Paulo (A Nosa Terra, 1996)
      [Resumo]Ampla antoloxía anotada das cantigas de amigo do corpus trobadoresco profano galego-portugués. Esta escolma ten a característica de presentar (e editar en certos casos) textos de todos os trobadores que teñen ...
    • Cantigas de Amor. Antoloxía 

      Ferreiro, Manuel; Martínez Pereiro, Carlos Paulo (A Nosa Terra, 1996)
      [Resume]Ampla antoloxía anotada das cantigas de amor do corpus trobadoresco profano galego-portugués. Esta escolma ten a característica de presentar (e editar en certos casos) textos de todos os trobadores que teñen cantigas ...
    • Cantigas de Escarnio e de Maldizer. Antoloxía 

      Ferreiro, Manuel; Martínez Pereiro, Carlos Paulo (A Nosa Terra, 1996)
      [Resumo]Ampla antoloxía anotada das cantigas satíricas (cantigas de escarnho e de maldizer) e mais das cantigas híbridas e dos xéneros menores do corpus trobadoresco profano galego-portugués. Esta escolma ten a característica ...
    • Cantigas de Santa Maria. [Antoloxía] 

      Ferreiro, Manuel; Martínez Pereiro, Carlos Paulo (A Nosa Terra, 1996)
      [Resumo]Antoloxía anotada de Cantigas de Santa María, de Afonso X, con textos editados a partir, fundamentalmente, da fixación crítica de Walter Mettmann.
    • Coa faz á terra volta. Toponimia e poesía en Eduardo Pondal 

      Ferreiro, Manuel (Real Academia Galega, 2018)
      [Resumo] Este traballo trata o emprego literario da toponimia galega por parte do autor rexurdimentista Eduardo Pondal.
    • Contribución á lexicografía histórica do galego: o vocabulario de Payzal 

      Ferreiro, Manuel (Real Academia Galega, 1994)
      [Resumo]Edición e estudo do glosario manuscrito inédito (c. 1800) de B. Vicente Payzal, transmitico por un autógrafo custodiado pola Real Academia Galega, que constitúe un dos primeiros vocabularios da lingua galega conservados.
    • De Anacreonte a Pondal: un novo poema 

      Ferreiro, Manuel (Universitat de Barcelona, 2000)
      [Resumo]Edición crítica do poema pondaliano manuscrito (con dúas redaccións) construído como unha imitación de Anacreonte, na esteira do fascinio que Eduardo Pondal sentía pola literatura clásica helénica.
    • De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego 

      Ferreiro, Manuel (Laiovento, 2007)
      [Resumo]Estudo do proceso histórico que conduciu ao nacemento e consolidación do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal (1890) como himno galego oficializado modernamente (1982). A partir da transcrición de todos os manuscritos ...
    • De Pondal para Curros: apostilas a tres poemas éditos e un poema inédito de 1914 

      Ferreiro, Manuel (Consello da Cultura Galega, 2004)
      [Resumo]Publicación e estudo dos catro poemas que Eduardo Pondal dedicou a Manuel Curros Enríquez. Após dunhas importantes notas crítico-filolóxicas ao textos dos tres poemas éditos en 1904 e 1908, preséntase a edición dun ...